Tempo de lecer

post11_1

A Coruña, unha cidade galega que eu coñezo dabondo, ¡e para ben! (Source: Commons – public domain).

Unha boa definición do tempo de lecer podería ser aquel tempo que queda fora do traballo e do estudo. Para algúns, incluso, é só o tempo de folgar. De calquera xeito, ese tempo é unha oportunidade para facer moitas cousas, como por exemplo vela tele, ler un libro ou xornal, e tamén escoitar música e saír cos amigos. Todas estas actividades teñen en común unha cousa: as supostas diversións e relaxacións que buscamos nelas. Pero ten outra menos evidente: pódense aproveitar para estudar unha lingua, sen estudala.

O segredo

A cousa é que estudar parécelle aburrido á maioría da xente. En canto á aprendizaxe dunha nova lingua, a xente xa desespera . Soe deixalo por imposible, pensando que xamáis poderán falala sen horas e horas de pesado estudo. Pero iso non é certo. Hai un gran segredo nisto de aprender linguas, i é moi sinxelo. Só precisas dúas cousas: querer facelo e saber divertirte.

Algunhas vantaxes e inconvintes

Por suposto, non todo o mundo require a mesma cantidade de estudo nin un método concreto é o mellor para todos. Pero en conxunto, se tes a disposición de querer aprender unha segunda lingua e queres non abandoala pouco despois de arrincar, unha das mellores cousas que podes facer é porte á procura de novas inquedanzas ou mesmo ás que xa estás acostumado e facelas, todas elas, nesa lingua. Isto pode dalos seus froitos, inclusive na xente que xeralmente precisa estudar e se de verdade quere lembralas palabras, como é o meu caso. Ata non é preciso estar no lugar onde a lingua é falada. Dalgunha maneira, cousas tan sinxelas como ollar algún filme, ler libros e tentar pensar algúns minutiños nesa lingua cada día, xeran un ambiente na túa testa que, ao final, che axuda moito a aprendela, aínda que ao comezo non sexa un quén de entender tódalas conversas que oe nin tódalas palabras que le.

O dito no parágrafo anterior coñécese có nome de aprendizaxe extensiva, o que quere dicir que non se fai un estudo profundo da lingua. Aínda que o máis seguro sexa que se precise aprender algunhas regras antes e despois, esta maneira de mergullarse nunha lingua é moi útil na maioría das veces. Se non, ¿cómo sería eu quén de dar falado galego, se nunca o estudei nin tampouco é a miña primeira lingua?

Outros enfoques

Máis arriba falei doutros camiños posibles para aprender unha lingua. O estudo pódese comezar dende multitude de frontes. Quizais o que máis dista da aprendizaxe explicada neste artigo é a aprendizaxe intensiva en tódalas áreas; isto é, pararse cada vez que non se entende algo, xa sexa unha palabra lida ou escoitada, o unha regra sintáctica, para mirala e aprendela. A verdade é que cada vez máis xente pensa que esta maneira de achegarse a unha nova lingua é mala dabondo, aínda que eu recoñezo a súa utilidade. De feito, creo que en xeral estou máis cómodo con ela que co estudo extensivo.

Sexa cal sexa a forma elixida para aprender, eu creo que as dúas cousas que dixen ao principio son sempre certas. Non se pode aprender unha lingua sen querer aprendela, e tampouco é posible aprendela ben sen gozala. O segundo é tan preciso coma o primeiro, é máis, é causa del; pois non importa canto tempo se estude por conta dun mesmo ou sexa ensinado; se non o fas, se non vives a lingua, xamáis a vincularás ca túa vida, i entón xamáis a querrás de verdade.

This post is written in Galician. I must thank a friend for correcting it.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s