A teima do galego

Onte lin que o pobo yiddish di que unha lingua non é máis ca un dialecto cunha armada e un exército. Uns intres paseinos cavilando arredor da idea e nisto que apareceu na miña cabeza o tema do galego. Aínda que é unha lingua recoñecida de maneira oficial, moita xente pensa nela coma parte do castelán ou do portugués. Máis doe que incluso algunha xente que a estuda leda e agarimosamente non a conta coma lingua, senón coma unha fala rexional a medio camiño entre outras linguas “de verdade”. De súpeto pensei nos meus esforzos por aprender galego e senón perdo o tempo facéndoo.

Despois dinme conta de que eu nunca estudiei galego nin aprendín palabra algunha coma fixen co inglés, todas en ringleira e deseguido. De feito, eu non fago esforzo ningún. Sinxelamente o aprendo cando leo ou falo coa xente de alá, procurando escoitar ben e rexistrar a maioría do que ouzo. E cando leo fagoo a gusto e non vou ao dicionario para procurar axiña o significado de cada nova palabra atopada. Esta aprendizaxe do galego é moi distinta daquela que seguín para falar inglés, e moito máis relaxada. E tampouco me da a gana de acadar cedo o punto do bilingüismo. Para min, falante non nativo de galego, esta lingua é máis un xeito de gozar dalgunhas cousas que me gustan que non un engadido á meu currículo, e facéndoo pouco importa se é lingua ou dialecto. Entrementres, xa pode levar o demo aos que inquiren cousas tan profundas e tolas.

Polo demais, pouco me queda por dicir. Seguirei sen estudalo aínda que disfrutándoo, e teño o convencemento de que rosmar, aínda que sexa un pouco, calquera lingua, dialecto o variedade só poder ser bo, aínda que xa non viva en Galicia e que as fontes de coñecemento e divertimento dispoñibles en galego están lonxe de ser tantas coma as dispoñibles en inglés ou noutras linguas que estudo.

Dialectos do galego (Fonte: Commons, imaxe no domiño público)

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s